viernes, 9 de diciembre de 2011

Constelacions do norte

Nesta ocasion desplazamonos a Cela "Chans"  pra buscar un  ceo o mais oscuro posible , sen lua porsoposto , e intentar localizar constelacions ...¡¡¡¡
Por donde comenzamos ...??
 
Emilioc
Pola  Osa Maior  que é probablemente a mais simbolica constelacion do ceo
Situados na metade norte do hemisferio celestial e relativamente preto do Polo Norte contén as sete estrelas que dan a forma característica da "dipper". ( The Big Dipper )
Esta constelación é coñecida popularmente como "O carro" é moi fácil de identificar e claramente visible dende as nosas latitudes.
A Osa Maior é a clave para identificar a estrela Polaris e como curiosidade tamén pode apuntar que a estrela Mizar foi a primeira estrela dobre visible descuberta , e a segunda polo mango do cazo
 
A Estrela do Norte (na foto no extremo sup.der.)
É a última estrela da cola da Osa Menor . ( Osa Minor, The Little Dipper )
Situado moi preto do Polo Norte Celestial, esa estrela foi tradicionalmente utilizado polos navegadores para localizar o norte verdadeiro e tamén para calcular a latitude xeografica
Foto feita con Canon EOS 1000 D ,30" exposicion sobre tripode

No hay comentarios:

Publicar un comentario