miércoles, 1 de enero de 2014



RABANS



Canto mais penso ,penso ,penso 
nese teu riso intenso
sabor a Rabans salgado
onde o carreiriño xunguido a o muro
O vello muro de pedra comesto
po,lo tempo enfeitizado
custodio dun sonho
sobe monte arriba onde as aras
andeis e as nosas gavelas
onde as laxes nuas ,espidas coma nos
 levan ao mar dos teus ollos de sal

Cumpre tolear as veces, de cando en cando
e petar na porta da memoria
imaxinar o que foi e non foi
toda esa istoria dende o noso big ban
ate o burato preto
apos de nos engulir



3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Port... pouco tenho que dicir desta túa poemaria tan fermoisma, seica é unha das millores que eu tenho lido. Góstanme ises localismos e verbas livres que fan e danlle as túas parolas un feitizo tan íntimo que un fica un intre pasando e repasando cos ollos unha e outra vede sobre elas. Fermosas parolas carregadas de acougo e tolemia polo pasado, seica poidera ser tamén noutra carón da auga salgada; incruso o seu pai e tudas isas istorias doutros tempos
    Toda vede que é o que é...
    Gosto tamén desa acuarela que deixa ver aos poucos unha figura contemprando voar a ave, metáfora dun tempo xa pretérito e presente. E o cheiro da vida e dos seus bos intres de tranquilidade e acougo compracido
    Apertas longas, deica entón, meu.
    Felixaninovo

    ResponderEliminar
  3. Graciñas por´toda las tuas verbas tan xenerosas pra as miñas "lideiras" artisticas jejej .en verdade son un estimulo pra os que timidamente amosamos nosas inquedanzas artisticas
    Rabans e un "recuncho soedoso" cercano ,onde fixen chamada de S.O.S. a musa do arte ,e por arte de birlibirloque fixose presente jjjjj
    Unha Aperta forte Amigo

    ResponderEliminar