domingo, 6 de enero de 2013

"Os cacharreiros"

A primeira parada fixemola no alto do "Paraño "  . O "seiscentos" queixabase e quentabase javeando o porto de montaña a oitocentos metro de altura .
A emoción do viaxe cos amigos ,a visita dos devanceiros , a paisaxe  ,o camiño a aldea en Ourense tiña un aquel de aventura , que facia corto ese percorrido cheo de curvas .
Chegando a Xunqueira de Ambia , seica collemos unha estradiña a dereita ,cara as aldeas dos "cacharreiros".
Non tería mais de media ducia de casas habitadas, en torno o lavadeiro e a fonte ,centro da vida social do pobo.
Camiño da taberna  topamonos con Isabel  e a sua vaca  "Preciosa" marela que muxiria cedo o dia seguinte . "Preciosa" non era unha xovenca , senon vaca vella ,mais con ubre larga ,cornos aguzados , pra min algo fraca acostumado de ver o gando da "pampa".
 Estivemos probando o" licor cafe" caseiro , falando cousas de aldea , da vida da morte e do divino ,
De volta a casa por estreitos carreiros , fixerase de noite case sen nos dar conta .
A tia de Pepe, xa maior, sentada a  caron da lareira, afumabase coma os chourisos pendurados da chimenea  
Ela ainda cociñaba nuha trepia ,apegada as costumes de vida ancestrais a pesares de que os fillos quixeran levala pra a cidade,
Aquela noite logo de cear e unha prolongada sobremesa , subimos a durmir cansos da xornada que remataba.
O piso de madeira tiña alguns buracos , de xeito que supemos que estabamamos enriba da corte das vacas.

2 comentarios:

  1. Que bo relato, xeitoso e ben certo
    Por esas estradas, logo carreiros e xa chegando, carrouchos...
    ¿Cantas veces durmimos sobor as cortiñas? Sempre, non habería o día que non daban calor e fedentos cheiros.
    Os seiscentos sempre quentaban, salvo que un mecánico fixera unha boa trapallada e lle metera outro radiador diante e mediante unha chave de man o condutor a abrira. Canta desomellanza cos carros da pampa, grandes; coma as recuas do gando. Na aldeia o que tiña sete era rico; o de un ou dos era probe(cito). A que tiña unha vaca (Preciosas neste caso) era feliz...
    Breves saúdos
    Deica

    ResponderEliminar
  2. Agradecido ¡¡ Deica po lo teu comentario , non domino o ben que quixera o noso idioma , mais intento aprender disfrutando practicando e lendo moito blogs interesantes coma o teu .
    Certamente as antigas casas de aldea tiñan moi ben estudado a simbiose ca natureza ,aproveitando ata o calor ecoloxico das vacas na corte , co seu aroma caracteristico claro ¡¡¡jeje
    O xeito de que certos animais tiveran nome propio fala da familiaridade e domesticidade que podia ter unha vaca na sociedade rural.
    Sempre surde nos recordos algun vello cacharro ,protagonista dunha historia , de feito antigamente , tamen tratabamos con agarimo os coches que ,foron parte da nosa vida , apesar de ser unha maquina , atribuiallemos unha certa nobleza , incluso alguns puñanlle nome e todo , debe ser que costaba moito chegar a un , e tiñamos que coidalo ,como un mais da familia.

    Saudiños

    O criollo

    ResponderEliminar